
Dende os anos 1990, o grupo Variación, Cambio Lingüístico e Gramaticalización (VCLG) da Universidade de Santiago de Compostela desenvolve unha investigación continuada no ámbito da variación e do cambio lingüístico no inglés histórico e contemporáneo. O seu traballo céntrase especialmente en procesos morfosintácticos e pragmático-discursivos dende unha perspectiva temporal, diatópica e contrastiva, e con atención a distintos tipos de texto representados tanto no discurso oral como escrito. O grupo adopta unha orientación eminentemente variacionista, interesada nos patróns de variación e innovación lingüística que emerxen na comunidade de fala —entendida nos termos da sociolingüística clásica; Labov 1966)— así como nas novas formas de interacción social propias dun contexto crecente de globalización (Bucholtz e Hall 2008, entre outros). Metodoloxicamente, o traballo do grupo baséase na lingüística de corpus e no uso sistemático dos recursos dixitais. O VCLG compila, explota e analiza coleccións amplas de textos electrónicos do inglés histórico e contemporáneo, aplicando procedementos de anotación lingüística, técnicas cuantitativas e métodos estatísticos para a análise de datos. Este enfoque permite o tratamento reproducible de grandes volumes de información lingüística e favorece a reutilización dos datos, en consonancia cos principios FAIR e coas boas prácticas promovidas polas infraestruturas dixitais de investigación en Humanidades e Ciencias Sociais. Na actualidade, o grupo VCLG desenvolve o proxecto financiado polo Plan Nacional Construcións e construcionalización en inglés histórico e contemporáneo (PID2023-146887NB-I00; IP: María José López Couso e Belén Méndez Naya; 2024-2027). O enfoque teórico do proxecto combina os postulados da Lingüística Cognitiva (Croft e Cruse 2004) e da Gramática de Construcións, tanto sincrónica (Goldberg 1995, 2006) como diacrónica (Traugott e Trousdale 2013; Barðal e Gildea 2015; Coussé et al. 2018; Sommerer e Smirnova 2020; Ungerer e Hartmann 2023, entre outros). Este marco permite explicar procesos de construcionalización, gramaticalización e (inter)subxectivación (cfr., entre outros, Traugott 1995; Hopper e Traugott 2003; López-Couso 2010), integrando ademais unha aproximación sociolingüística que dá conta da variación contextual e social dos fenómenos estudados (Petré e Anthonissen 2020). Neste contexto, o proxecto dá continuidade a liñas de traballo consolidadas na traxectoria investigadora do grupo, ao tempo que incorpora tanto construcións inexploradas ata o momento como perspectivas recentes (por ex., a ecolingüística; Stibbe 2021). O proxecto estrutúrase en catro eixes temáticos: Construcións epistémicas e evidenciais, entre outras os parentéticos the way I see it ou last I checked e os marcadores de evidencialidade asumida, como o adverbio obviously. Construcións e colocacións, como as estruturas binomiais do tipo law and order, as estratexias de intensificación ou a análise distribucional de series de sinónimos. Estrutura argumental e construcións de complementación, con obxectivos concretos nos ámbitos dos complementantes comparativos, das construcións con verbos meteorolóxicos ou das estruturas con obxectos non prototípicos. Construcións e rexistros textuais, como os subordinantes adverbiais efémeros en textos científicos, o auxiliar do en textos legais ou os marcadores de cortesía e descortesía na linguaxe das redes sociais. Referencias bibliográficas Barðdal, J. e S. Gildea. 2015. Diachronic Construction Grammar: Epistemological context, basic assumptions and historical implications. En Diachronic Construction Grammar, ed. J. Barðdal, E. Smirnova, L. Sommerer e Spike Gildea. Ámsterdam: Benjamins, 1-49. Bucholtz, M. e K. Hall. 2008. All of the above: New coalitions in sociocultural linguistics. Journal of Sociolinguistics 12(4): 401-431. Coussé, E., P. Andersson e J. Olofsson (eds). 2018. Grammaticalization meets Contruction Grammar. Ámsterdam: Benjamins. Croft, W. e D.A. Cruse. 2004. Cognitive linguistics. Cambridge: Cambridge University Press. Goldberg, A. 1995. Constructions: A Construction Grammar approach to argument structure. Chicago: University of Chicago Press. Goldberg, A. 2006. Constructions at work. The nature of generalization in language. Oxford: Oxford University Press. Hopper, P.J. e E.C. Traugott. 2003. Grammaticalization. Cambridge: Cambridge University Press. Labov, W. 1966. The social stratification of English in New York City. Washington D.C.: Center for Applied Linguistics. López Couso, M.J. 2010. Subjectification and intersubjectification. En Historical pragmatics, ed. A. Jucker e I. Taavitsainen. Berlín: Mouton, 127-163. Petré, P. e L. Anthonissen. 2020. Individuality in complex systems: A constructionist approach. Cognitive Linguistics 31(2): 185-212. Sommerer, L. e E. Smirnova, eds. 2020. Nodes and networks in Diachronic Construction Grammar. Ámsterdam: John Benjamins. Stibbe, Arran. 2021[2015]. Ecolinguistics. Language, ecology and the stories we live by. 2ª edición. Londres e Nova York: Routledge. Traugott, E.C. 1995. Subjectification. En Subjectivity and subjectivisation: Linguistic perspectives, ed. D. Stein e S. Wright. Cambridge: Cambridge University Press, 31-54. Traugott, E.C. e G. Trousdale. 2013. Constructionalization and constructional changes. Oxford: Oxford University Press. Ungerer, T. e S. Hartmann. 2023. Constructionist approaches: Past, present, future. Cambridge: Cambridge University Press.
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
