
handle: 2183/30303
Unha das transformacións capitais producidas nas titulacións universitarias de ámbito lingüístico a partir da implantación da reforma de Boloña ten sido a introdución do enfoque comunicativo no ensino-aprendizaxe das linguas. Esta nova perspectiva ten achegado unha visión máis ampla e menos teórica do fenómeno lingüístico, mais, como consecuencia do maior protagonismo do enfoque comunicativo, tense producido certa desatención ao aspecto da corrección nos planos da Morfosintaxe, do Léxico e da Semántica; isto provoca que o estudantado se depare con dificultades gramaticais que nos plans de estudo anteriores se superaban con maior facilidade. No sistema universitario galego esta situación reflíctese de maneira diversa dependendo de cal for a lingua primeira dos/das alumnos/as; o estudantado español-falante ten maiores problemas que o galego-falante na adquisición dos fundamentos gramaticais do italiano, a pesar de que na oralidade o idioma galego está hoxe bastante españolizado. Así, este artigo ten como obxectivo sistematizar as vantaxes e os obstáculos que encontra o estudantado galego a fin de facilitar o traballo de docentes e discentes da lingua italiana no contexto universitario de Galiza. Por unha parte, desvendaranse as dificultades morfosintácticas e léxico-semánticas máis habituais ‒derivadas, as máis das veces, da interferencia co español‒ que o alumnado universitario galego encara nos primeiros momentos da aprendizaxe do idioma italiano; e, por outra banda, poranse de manifesto os aspectos comúns dos idiomas galego e italiano, que facilitan a adquisición deste último por funcionar o primeiro como interlingua.
Gramática contrastiva, Italian and Spanish, Linguistic competence, Italian and galician, Italiano como lingua estranxeira, Italian and spanish, Italiano e galego, Italiano e español, Italian and Galician, Interlingua, Competencia lingüística, Italiano e Español, Interlanguage, Contrastive grammar, Italian as a foreign language
Gramática contrastiva, Italian and Spanish, Linguistic competence, Italian and galician, Italiano como lingua estranxeira, Italian and spanish, Italiano e galego, Italiano e español, Italian and Galician, Interlingua, Competencia lingüística, Italiano e Español, Interlanguage, Contrastive grammar, Italian as a foreign language
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
