
handle: 10347/7590
Neste artigo a autora fai un percorrido polo desenvolvemento da literatura infantil colombiana. Iníciao cun repaso pola reelaboración da tradición oral colombiana, que bebe de tres vertentes: a española, a indíxena e a africana. Logo bota unha ollada ao tipo de lecturas que facían os nenos na época colonial, centradas na función de adoutrinamento á relixión católica. Durante o século XIX sinala a literatura costumista e a obra poética de Rafael Pombo como a única produción para a infancia. Localiza na década dos anos trinta do século XX o momento no que xorde a literatura infantil colombiana nos espazos culturais e no que se valora neno como suxeito cultural. Fai un achegamento á obra dos autores máis importantes deste período. Sitúa os anos setenta como unha época de rexurdimento da literatura infantil colombiana despois dun período de silencio debido á violencia dos anos cincuenta. Sinala a década dos anos noventa como un período no que se dá outro cambio importante na concepción da nenez e como isto se reflicte na concepción dos personaxes literarios capaces de percibir o mundo dende a súa propia visión. Finalmente reflexiona sobre a necesidade de que o país valore máis os nenos para lograr así un mellor desenvolvemento da literatura infantil en todo o seu circuíto, dende a produción, pasando pola inserción nos espazos académicos até a súa recepción.
infancia, conexións literatura-infancia, literatura infantil colombiana
infancia, conexións literatura-infancia, literatura infantil colombiana
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
