
handle: 10347/6137
A estandarización da onomástica ten características específicas con respecto ó léxico común. Unha das dificultades vén derivada das formas opacas cando existen dúas pronuncias distintas. Isto é o que ocorre con algúns topónimos e apelidos grafados con ou + e, i nos antigos nomenclátores ou nos rexistros: poden interpretarse como formas pronunciadas con gheada, ou ben como castelanizacións doutras que tiñan orixinariamente /∫/. O caso de Reguengo é exemplificador: aparecía nos nomenclátores como *Regenjo e así (e con máis variantes gráficas) pasou ó corpus dos apelidos; houbo unha proposta de estandarización como *Rexenxo, ata que se ditaminou a forma oficial actual. Para poder dilucidar cal é a variante adecuada, cómpre unha indagación específica para cada caso. En ocasións cumprirá unha pescuda etimolóxica que inclúa a historia da palabra e as grafías existentes na Idade Media, e noutros será decisiva a información ofrecida pola actual extensión xeográfica das formas. Neste traballo analízanse algunhas destas formas problemáticas e faranse as propostas respectivas para o estándar.
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
