
handle: 10347/33962
Na presente UD búscase a delimitación e descrición das clases de palabras da lingua española, mediante unha serie de criterios máis ou menos eficaces, priorizados e interrelacionados de maneira razoada e obxectiva: lóxico-semánticos, morfolóxicos, sintáctico-distribucionais e pragmáticos. A través da presentación e ulterior desenvolvemento de tales criterios chégase a romper con visións reducionistas, monolíticas e erróneas presentes sobre todo nas diferentes gramáticas de corte tradicional, pese a que, por motivos eminentemente didácticos, seguimos a utilizar moitos dos seus conceptos e, ante todo, o modo da presentación dos contidos (vid. contidos). Practicamente toda a UD 3 amosa evidencias de base científica da difícil diferenciación entre a unidade morfema e a unidade palabra (vid. UD 2) coa conseguinte necesidade de establecer tricotomías pesadas e paralizantes do tipo de: palabra ortográfica, palabra gramatical e palabra léxica, amén da obrigatoriedade de recorrer á presentación de unidades máis ou menos prototípicas en virtude dunha serie de propiedades esencialmente formais (morfolóxicas e sintácticas).
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
