Powered by OpenAIRE graph
Found an issue? Give us feedback
image/svg+xml art designer at PLoS, modified by Wikipedia users Nina, Beao, JakobVoss, and AnonMoos Open Access logo, converted into svg, designed by PLoS. This version with transparent background. http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Open_Access_logo_PLoS_white.svg art designer at PLoS, modified by Wikipedia users Nina, Beao, JakobVoss, and AnonMoos http://www.plos.org/ Minerva. Repositorio...arrow_drop_down
image/svg+xml art designer at PLoS, modified by Wikipedia users Nina, Beao, JakobVoss, and AnonMoos Open Access logo, converted into svg, designed by PLoS. This version with transparent background. http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Open_Access_logo_PLoS_white.svg art designer at PLoS, modified by Wikipedia users Nina, Beao, JakobVoss, and AnonMoos http://www.plos.org/

versions View all 3 versions
addClaim

Cambio de código e acomodación lingüística ante as cámaras de televisión: a gheada e o rotacismo. Unha achega ao cambio lingüístico no galego

Authors: Goris García, Xoán Carlos;

Cambio de código e acomodación lingüística ante as cámaras de televisión: a gheada e o rotacismo. Unha achega ao cambio lingüístico no galego

Abstract

O cambio de código e a acomodación lingüística son fenómenos máis ou menos naturais e comúns dentro das comunidades bilingües compostas por falantes que, canto maior sexa o seu repertorio lingüístico, máis posibilidades pragmáticas terán á hora de comunicarse co seu interlocutor, adaptarse ao tema, situación ou rexistro. Como se producen estas mudanzas e que supoñen para o cambio lingüístico en marcha no galego será obxecto deste traballo. Nel, analizamos as producións orais dun grupo amplo de falantes de Moraña (Pontevedra), cando se enfrontan ás cámaras de televisión. Neste contexto, no que os falantes son entrevistados por un reporteiro que emprega a variedade estándar do galego, a imaxe dos falantes pode verse en risco se non fan uso dunha determinada variedade aceptada nese contexto formal. A variedade vernácula morañesa presenta os trazos dialectais da gheada e o rotacismo mais estes fenómenos non están presentes habitualmente na variedade estándar que se emprega nos medios de comunicación, e sabemos que a gheada presenta un forte estigma social e que o seu uso adoita verse afectado ou, incluso, eliminado en determinadas situacións comunicativas. Non coñecemos, pola contra, como se comportan os falantes en relación ao rotacismo, posto que non existen estudos que o traten de maneira específica e dende o punto de vista da acomodación. A comparativa, pois, entre o uso da gheada e o rotacismo por parte dos falantes, convértese no principal obxectivo deste TFM, no que analizamos tamén como é este uso segundo diferentes variables sociolingüísticas dos falantes. En definitiva, a nosa achega intenta medir o nivel de resistencia que presentan as variedades dialectais do galego na actualidade dentro dun contexto formal. A investigación levouse a cabo metodoloxicamente seguindo a sociolingüística variacionista de Lavob e baseouse na creación dun corpus oral propio que foi posteriormente transcrito. Deste xeito, facemos a nosa pequena contribución dentro do procesamento da linguaxe oral. Os resultados principais do traballo permítennos, por unha banda, confirmar o estigma social da gheada xa que é o trazo que maior acomodación recibe e, pola outra, o gran mantemento do rotacismo a nivel xeral. Mais, se analizamos os datos segundo algunhas variables sociolingüísticas, atopamos diferenzas de especial interese como que, por exemplo, as mulleres son as máis innovadoras con respecto ao cambio lingüístico e á acomodación fronte aos homes, que se presentan máis conservadores da variedade local e, polo tanto, teñen unha menor converxencia coa lingua estándar dos reporteiros. Tamén destaca o elevado uso da gheada por parte da xeración máis nova e que a lingua galega, tanto na variedade local como na estándar, foi a gran beneficiada do intercambio lingüístico producido.

Country
Spain
Related Organizations
  • BIP!
    Impact byBIP!
    selected citations
    These citations are derived from selected sources.
    This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically).
    0
    popularity
    This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network.
    Average
    influence
    This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically).
    Average
    impulse
    This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network.
    Average
Powered by OpenAIRE graph
Found an issue? Give us feedback
selected citations
These citations are derived from selected sources.
This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically).
BIP!Citations provided by BIP!
popularity
This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network.
BIP!Popularity provided by BIP!
influence
This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically).
BIP!Influence provided by BIP!
impulse
This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network.
BIP!Impulse provided by BIP!
0
Average
Average
Average
Green