
handle: 10347/30270
O presente traballo busca confirmar e exemplificar, a través da análise de tres obras narrativas, a maneira na que as novelas de iniciación sentimental aparecidas na década dos setenta na narrativa galega contemporánea se configuraron ao servizo dunha vocación dialóxica, de maneira que as estruturas enunciativo-discursivas empregadas contribuísen a incluír voces que canalizasen literariamente a desorientación e angustia vital tanto dos seus protagonistas como da sociedade do momento. Preséntase unha introdución na que se recollen os elementos definitorios deste tipo de novelas e se explica o concepto de dialoxismo en clave bakhtiniana, achéganse algunhas nocións xerais a respecto do contexto sociopolítico e cultural da Galicia dos anos setenta e pásase a facer unha análise pormenorizada de cada unha das tres obras seleccionadas: Adiós María (1971) de Xohana Torres, Xoguetes para un tempo prohibido (1975) de Carlos Casares e Dos anxos e dos mortos (1977) de Anxo A. Rei Ballesteros; atenderase particularmente á maneira na que se constrúe a súa enunciación e aos recursos discursivos empregados en cada unha delas para cumprir con este propósito dialóxico. Finalmente, preséntanse unhas breves conclusións que sintetizan as particularidades atopadas en cada unha das obras do corpus de análise.
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
