
handle: 10347/28961
Nesta tese investíganse as actitudes cara a gheada e o seseo galegos no marco das ideoloxías da estandarización e da resistencia. Adoptarase un enfoque integrador e sociohistoricamente contextualizado, que toma como perspectiva analítica a sociolingüística crítica e a análise do discurso. Por unha banda, analízase o seu tratamento dende arriba, tomando como obxecto de análise o discurso metalingüístico de axentes e institucións relevantes no proceso de cultivo e estandarización do galego dende o Rexurdimento á actualidade. As posicións ao respecto examínanse sobre o fondo dos modelos de estándar propostos e as ideoloxías puristas asociadas a estes. Ao mesmo tempo, investigase o proceso paralelo de construción dos valores indexicais destas pronuncias e os aliñamentos ideolóxicos subxacentes. Por outra banda, procedeuse á análise sincrónica das actitudes lingüísticas de dúas mostras de falantes do común adolescentes e adultos), que ofrece unha visión dende abaixo. Á primeira mostra, composta por dúas submostras recollidas con quince anos de diferenza, aplicámoslle a técnica matched-guise e inspeccionamos os resultados estatisticamente. Na segunda mostra, analizamos o discurso metalingüístico recollido con entrevistas sociolingüísticas. As diferentes perspectivas adoptadas nesta investigación (diacrónica, social e metodolóxica) ofrecen un panorama amplo para comprender adecuadamente a xénese, reprodución social e evolución das actitudes cara a estas pronuncias no eixo ideolóxico que confronta estandarización e resistencia no galego actual.
Materias::Investigación::61 Psicología::6114 Psicología social::611402 Actitudes, Materias::Investigación::57 Lingüística::5705 Lingüística sincrónica::570510 Sociolingüística
Materias::Investigación::61 Psicología::6114 Psicología social::611402 Actitudes, Materias::Investigación::57 Lingüística::5705 Lingüística sincrónica::570510 Sociolingüística
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
