
handle: 10347/28764
Esta tese aborda a aplicación metodolóxica das Ciencias da Terra á Arqueoloxía, dende o marco teórico da Edafoarqueoloxía e Reconstrución Paleoambiental aplicada a contextos arqueolóxicos. Preséntase a modo de compendio de artigos e desenvolve a análise de sinais de cambio ambiental en arquivos edafo-sedimentarios (xeoindicadores) de dous contextos arqueolóxicos (sector continental mediterráneo de época Neolítica vs sector litoral atlántico de época romana). Combina a información físicoquímica, composicional e mineralóxica destes arquivos coa obtida doutros proxies ambientais e do estudo cronolóxico (14C), interpretando a partir de modelos de evolución actual, os cambios ambientais no pasado e a súa relación coa actividade humana. Esta liña de investigación xorde como resposta á Arqueoloxía de urxencia e á necesidade de estandarizar os estudos de reconstrución paleoambiental aplicados a contextos arqueolóxicos. Os resultados obtidos amosan dous sectores amplamente contrastados. Por unha banda o sector mediterráneo, asociado ao xacemento de Les Alcusses (Valencia), de alta relevancia por ser unha área pioneira en asentamentos dos primeiros gandeiros/ agricultores. Estúdase coa perspectiva de atopar indicios de cultivo para época Neolítica. Para este sector obtívose unha secuencia edáfica formado por VI ciclos, desenvolta sobre materiais carbonatados e que abrangue un rango cronolóxico dende o 8.7/8.5 ata o1.6 /1.4 ka cal BP. Os datos físico-químicos, de composición da MO, estudo antracolóxico e polínico amosan para momento Neolítico un nivel de solo altamente edafizado e desecarbonatado, desenvolto nun medio con baixa incidencia de lumes e clima predominantemente cálido e húmido. Condicións que favorecen o asentamento humano e desenvolvemento do cultivo. Os datos polínicos e de composición da MO tamén inciden no cambio da vexetación no medio, de abundancia arbórea a prados. En xeral identifícase o aumento da presión antrópica no medio dende época Neolítica en diante, paralelamente a cambios no clima cara un medio máis árido e seco, con alta predominancia de procesos erosivos.
Materias::Investigación::25 Ciencias de la tierra y del espacio::2506 Geología::250619 Estratigrafía, Materias::Investigación::25 Ciencias de la tierra y del espacio::2506 Geología::250618 Sedimentología, Materias::Investigación::55 Historia::5505 Ciencias auxiliares de la historia::550512 Estratigrafía
Materias::Investigación::25 Ciencias de la tierra y del espacio::2506 Geología::250619 Estratigrafía, Materias::Investigación::25 Ciencias de la tierra y del espacio::2506 Geología::250618 Sedimentología, Materias::Investigación::55 Historia::5505 Ciencias auxiliares de la historia::550512 Estratigrafía
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
