
handle: 10347/15838
Neste traballo pártese do recoñecemento da composición plural da sociedade subxacente ao mundo contemporáneo, no que a presenza do factor relixioso no eido laboral non pode ser ignorada. O problema formulado xorde do conflito entre o dereito á libertade relixiosa dos traballadores que pretenden afirmar as súas conviccións relixiosas no ámbito da relación de traballo asalariado e outros bens e dereitos que poderán esixir un exercicio de ponderación. A tal fin cómpre constatar, por unha banda, cando a liberdade relixiosa do traballador debe sufrir unha constrición en virtude da celebración dun contrato de traballo e, por outra banda, avaliar se o empregador está vinculado, e en que medida, ao deber de se adaptar ás conviccións e prácticas relixiosas dos seus traballadores. Após a referida análise procúranse criterios para determinar o perímetro ao redor do núcleo esencial do dereito á liberdade relixiosa, que incluso no contexto xurídico-laboral debe permanecer protexido. Con este obxecto, sistematízase a análise das diversas manifestacións da liberdade relixiosa do traballador e a súa incidencia no seo da relación laboral, nunha seriación cuatripartita que implica o estudo de problemáticas coma o tempo de traballo, a alimentación, a imaxe e uso de símbolos relixiosos e, finalmente, o proselitismo.
Materias::Investigación::56 Ciencias jurídicas y derecho::5605 Legislación y leyes nacionales::560599 Derecho del trabajo y la Seguridad Social
Materias::Investigación::56 Ciencias jurídicas y derecho::5605 Legislación y leyes nacionales::560599 Derecho del trabajo y la Seguridad Social
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
