
handle: 10347/14799
En 1959 o catedrático da Universidade de Santiago, Ramón Otero Túñez, publica a obra: El escultor Francisco Asorey. Trátase dun completo estudo sobre a obra do escultor cambadés feito con testemuñas de primeira man, porque o escultor aínda vivía nesa data. Pero 56 anos da publicación desa obra penso que é necesaria unha revisión do legado artístico do escultor, feito á luz da evolución da historia da arte nos últimos anos e coa perspectiva dos máis de 50 anos transcorridos. Esta tese de doutoramento estrutúrase fundamentalmente en catro capítulos nos que se fai un percorrido pola traxectoria vital do artista e sobre todo un estudo das súas obras máis significativas. O primeiro capítulo aborda os anos de formación do escultor: Francisco Asorey nace en Cambados, Pontevedra, e marcha sendo un adolescente ao Colexio dos Salesianos de Sarriá, Barcelona, onde aprende o oficio de imaxineiro e toma contacto co estilo modernista-simbolista. Pasará logo ao Colexio, tamén Salesiano de Barakaldo e logo a Madrid. Rodin foi un referente nestes anos. Todos os escultores do ambiente madrileño imitaban ao escultor francés, pero ao noso inquedo escultor non lle gusta o que ve e empeza a investigar, na busca dun camiño propio que atopará no primitivismo da escultura románica compostelá. En 1919 instálase definitivamente en Santiago. O segundo capítulo aborda as obras dos anos 20, moi vinculadas ao movemento nacionalista da Irmandades da Fala, do que o escultor foi membro. O terceiro capítulo céntrase nas obras dos anos 30, a culminación artística do escultor coa realización dos grandes monumentos como o de Curros na Coruña ou o de san Francisco en Santiago. A Guerra Civil tronza esta evolución e no capítulo cuarto estúdanse as obras posteriores á Guerra, o momento álxido da súa carreira xa pasara pero o artista realiza algunhas obras de gran calidade nesta etapa. Nas conclusións finais abórdanse cuestións como a relación de Asorey coa crítica do seu tempo e a relación un pouco tensa coa xeración de artistas galegos coñecida como Os Novos ou renovadores. Chego á conclusión de que as influenzas entre estes artistas foron moi grandes (pero non recoñecidas) e que deben ser revisadas as contribucións de Asorey á escultura galega do s. XX, que foron moi importantes. Finalmente no capítulo seis faise unha catalogación da obra de Francisco Asorey, apórtanse fotografías e datos técnicos e na que se recollen 135 esculturas (algunhas delas inéditas), localizadas en monumentos, institucións ou coleccións particulares ou documentadas en libros ou fotografías.
Simbolismo, Francisco Asorey, Materias::Investigación::62 Ciencias de las artes y las letras::6203 Teoría, análisis y crítica de las bellas artes::620309 Escultura, Escultura, Santiago de Compostela, :Investigación::55 Historia::5506 Historia por especialidades::550602 Historia del arte [Materias], Materias::Investigación::55 Historia::5506 Historia por especialidades::550602 Historia del arte, :Investigación::62 Ciencias de las artes y las letras::6203 Teoría, análisis y crítica de las bellas artes::620309 Escultura [Materias]
Simbolismo, Francisco Asorey, Materias::Investigación::62 Ciencias de las artes y las letras::6203 Teoría, análisis y crítica de las bellas artes::620309 Escultura, Escultura, Santiago de Compostela, :Investigación::55 Historia::5506 Historia por especialidades::550602 Historia del arte [Materias], Materias::Investigación::55 Historia::5506 Historia por especialidades::550602 Historia del arte, :Investigación::62 Ciencias de las artes y las letras::6203 Teoría, análisis y crítica de las bellas artes::620309 Escultura [Materias]
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
