
doi: 10.32766/rag.463
Escribo porque sentín a necesidade de me ler a min mesma. Begoña Caamaño explicou con estas palabras a enerxía creadora da súa obra. A protagonista do Día das Letras Galegas de 2026 é coñecida sobre todo polas dúas novelas que puido legarnos antes da súa morte prematura, mais tamén publicou un relato cheo de forza literaria e mensaxe, “Pel azul e vermella”, no que manexa con arte as claves da literatura breve pero non menor. Forza literaria e mensaxe son tamén ingredientes esenciais das historias premiadas no IX Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal, que creamos para promovermos a expresión literaria na Rede no idioma de noso cun estimulante desafío: contar moito nun máximo de 200 palabras. Velaquí os textos galardoados. Ao se leren a si mesmas, a si mesmos, as sete autoras e dous autores tamén nos len a todas e todos nós. Para nos enfrontar ao que non queremos ver. Para nos aliviar doenzas do corpo e da alma. Para superar medos e preservar a memoria. Para gozarmos da literatura. E da nosa lingua. Porque, sexan cales sexan as nosas raíces, cociñemos empanada ou cuscús, o galego hai que probalo. E repetir sempre.
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
