Powered by OpenAIRE graph
Found an issue? Give us feedback
image/svg+xml art designer at PLoS, modified by Wikipedia users Nina, Beao, JakobVoss, and AnonMoos Open Access logo, converted into svg, designed by PLoS. This version with transparent background. http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Open_Access_logo_PLoS_white.svg art designer at PLoS, modified by Wikipedia users Nina, Beao, JakobVoss, and AnonMoos http://www.plos.org/ ZENODOarrow_drop_down
image/svg+xml art designer at PLoS, modified by Wikipedia users Nina, Beao, JakobVoss, and AnonMoos Open Access logo, converted into svg, designed by PLoS. This version with transparent background. http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Open_Access_logo_PLoS_white.svg art designer at PLoS, modified by Wikipedia users Nina, Beao, JakobVoss, and AnonMoos http://www.plos.org/
ZENODO
Other literature type . 2026
License: CC BY
Data sources: ZENODO
ZENODO
Conference object . 2026
License: CC BY
Data sources: Datacite
ZENODO
Conference object . 2026
License: CC BY
Data sources: Datacite
versions View all 2 versions
addClaim

Proxecto de innovación docente "Aprendizaxe baseada no xogo e uso de metodoloxías lúdicas nas aulas de lingua e literatura": integración de recursos dixitais na formación do futuro profesorado

Authors: Faya Cerqueiro, Fátima; Fernández López, Isabel; Rodríguez-Abruñeiras, Paula; Caamaño Rojo, María José;

Proxecto de innovación docente "Aprendizaxe baseada no xogo e uso de metodoloxías lúdicas nas aulas de lingua e literatura": integración de recursos dixitais na formación do futuro profesorado

Abstract

O proxecto de innovación docente (PID) “Aprendizaxe baseada no xogo e uso de metodoloxías lúdicas nas aulas de lingua e literatura” xorde no curso 2025/26 co gallo de sistematizar estratexias metodolóxicas xa presentes en cursos anteriores nalgunhas materias vencelladas á lingua e/ou á literatura en galego, castelán e inglés nos Graos de Mestre/a en Educación Infantil e Mestre/a en Educación Primaria na Facultade de Ciencias da Educación da USC no marco da III Convocatoria de Proxectos de Innovación Educativa do centro. A idea do PID é proporcionar ao alumnado un repertorio amplo de ferramentas e metodoloxías relacionadas co xogo que poidan ter impacto no proceso de ensino-aprendizaxe dos contidos e competencias propios de cada materia, á vez que lles permiten familiarizarse cun banco de recursos e estratexias para que, como futuros mestres e mestras, as incorporen na súa práctica docente. Metodoloxías como a gamificación ou a aprendizaxe baseada no xogo presentan múltiples beneficios, xa que son moitos os traballos que resaltan o aumento da participación e compromiso do alumnado, así como da motivación (Boudadi e Gutiérrez-Colón, 2020), e salientan tamén o papel positivo do uso da tecnoloxía nestes contextos (Panagiotidis, et al., 2023). Segundo Lamb (2017, p. 331), incluír esa dimensión motivacional debería ser un compoñente básico nos cursos de formación de profesorado. Así mesmo, estratexias didácticas relacionadas co xogo ou a dramatización poden contribuír a reducir emocións negativas como a ansiedade (Galante, 2018; Piazzoli, 2011), moi habituais nas materias de carácter lingüístico. A gran dispoñibilidade de recursos fai necesario analizar criticamente o seu uso á hora de incorporalos como metodoloxía de innovación docente. Experimentar estas prácticas como estudantes permitirá ao alumnado facer un uso máis reflexivo e adecuado como docentes. Así pois, entre os obxectivos da experiencia cómpre destacar: (i) revisar o potencial de metodoloxías lúdicas para o ensino-aprendizaxe de lingua e literatura e (ii) fornecer o profesorado en formación cun abano amplo de recursos e estratexias que doten de maior coherencia a análise de posibilidades que o xogo e os elementos de carácter lúdico poden ter no seu propio proceso de aprendizaxe, así como no seu futuro desempeño docente. Neste traballo presentarase o uso pedagóxico de diferentes recursos e ferramentas dixitais para integrar o xogo e as metodoloxías lúdicas na aprendizaxe lingüística e literaria, que combinan materiais manipulativos con outros de carácter dixital como aplicacións en liña para a creación de xogos e sistemas baseados na IA, ou asistentes virtuais educativos. A través das materias implicadas, o PID contribúe a que o futuro profesorado teña presentes exemplos das posibilidades que ofrece o xogo e o compoñente lúdico, que poden ter transferencia a calquera outra lingua, tanto ambientais coma estranxeiras. As experiencias levadas a cabo ata o momento amosan unha boa acollida por parte do alumnado da combinación de métodos analóxicos con tecnoloxía dixital en actividades de carácter lúdico, valorando positivamente esta integración como unha metodoloxía innovadora. Referencias: Boudadi, N. A., e Gutiérrez-Colón, M. (2020). Effect of Gamification on students’ motivation and learning achievement in Second Language Acquisition within higher education: a literature review 2011-2019. The EuroCALL Review, 28(1), 57-69. Galante, A. (2018). Drama for L2 speaking and language anxiety: Evidence from Brazilian EFL learners. Relc Journal, 49(3), 273-289. Lamb, M. (2017). The motivational dimension of language teaching. Language Teaching, 50(3), 301-346. Panagiotidis, P., Krystalli, P., e Arvanitis, P. (2023). Technology as a motivational factor in foreign language learning. European Journal of Education (EJED), 6(1), 69-84. Piazzoli, E. (2011). Process drama: The use of affective space to reduce language anxiety in the additional language learning classroom. Research in Drama Education: The Journal of Applied Theatre and Performance, 16(4), 557-573.

Related Organizations
Keywords

Languages and literature, FOS: Languages and literature, Teacher Training, Gamification

  • BIP!
    Impact byBIP!
    selected citations
    These citations are derived from selected sources.
    This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically).
    0
    popularity
    This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network.
    Average
    influence
    This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically).
    Average
    impulse
    This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network.
    Average
Powered by OpenAIRE graph
Found an issue? Give us feedback
selected citations
These citations are derived from selected sources.
This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically).
BIP!Citations provided by BIP!
popularity
This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network.
BIP!Popularity provided by BIP!
influence
This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically).
BIP!Influence provided by BIP!
impulse
This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network.
BIP!Impulse provided by BIP!
0
Average
Average
Average