
O proxecto de “Repositorios Culturais Síncrisis” nace como unha ferramenta para facilitar o acceso á información e o traballo de investigación en Humanidades. A súa iniciativa parte do traballo desenvolvido no Grupo de Investigación da USC Síncrisis: Investigación en formas culturais, dende a facultade de Historia. A intervención amosará a creación e xestión dun sistema documental amplo, accesible, organizado e intuitivoonde compilar gran cantidade de materiais culturais en formato dixital —monografías, imaxes e artigos— para a recuperación de información en rede. Tales Repositorios fornécense dende capacidade de centralizar e dar sentido ao patrimonio dixital, construíndo unha plataforma coa información contextualizada e conectada, que permite ao grupo de investigación a procura eficaz de materias, liñas de estudo e análisestransversais. A presentación recollerá o camiño teórico e práctico na construción dun repositorio en rede que terá un impacto na optimización do tempo de procura, a localización das fontesde estudio, a comparación de contidos e a promoción dos enfoques interdisciplinarios que fundamentan o grupo de investigación, ao funcionar como un espazo no que se recompila e preserva o patrimonio dixital, evitando que quede oculto en plataformas menos accesibles. A proposta percorrerá ademais a construción dunha ampla base de datos deestrutura aberta e actualización continua que crecerá co traballo do propio grupo no desenvolvemento do proxecto.
