Powered by OpenAIRE graph
Found an issue? Give us feedback
image/svg+xml art designer at PLoS, modified by Wikipedia users Nina, Beao, JakobVoss, and AnonMoos Open Access logo, converted into svg, designed by PLoS. This version with transparent background. http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Open_Access_logo_PLoS_white.svg art designer at PLoS, modified by Wikipedia users Nina, Beao, JakobVoss, and AnonMoos http://www.plos.org/ ZENODOarrow_drop_down
image/svg+xml art designer at PLoS, modified by Wikipedia users Nina, Beao, JakobVoss, and AnonMoos Open Access logo, converted into svg, designed by PLoS. This version with transparent background. http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Open_Access_logo_PLoS_white.svg art designer at PLoS, modified by Wikipedia users Nina, Beao, JakobVoss, and AnonMoos http://www.plos.org/
ZENODO
Conference object
Data sources: ZENODO
addClaim

Dos datos de investigación ás ferramentas de aprendizaxe. Potencialidades pedagóxicas de recursos lexicográficos interoperables

Authors: Akinremi, Luke Omoyemi; Arias Arias, Iván; Domínguez Vázquez, María José;

Dos datos de investigación ás ferramentas de aprendizaxe. Potencialidades pedagóxicas de recursos lexicográficos interoperables

Abstract

Este póster presenta un prototipo conceptual e tecnolóxico que explora como os datos da investigación lexicográfica poden transformarse en ferramentas de aprendizaxe mediante principios de interoperabilidade propios das Humanidades Dixitais. A proposta parte da constatación dun desaxuste recorrente entre recursos lexicográficos altamente especializados — como os ricos en información sobre valencia nominal, estruturas argumentais ou restricións semánticas— e os contornos educativos, que non contan con recursos que compendien toda esta tipoloxía de datos. O prototipo - Rede Dinámica - Valencia Nominal - baséase nun conxunto de recursos interconectados que integra un dicionario de valencia nominal (PortLex), unha ontoloxía semántica organizada en sete mundos conceptuais (Ontología 2.0. ESMAS-ES+), un navegador de itinerarios ontolóxicos (Itinerario de rutas ‐ ESMAS‐ES+), unha ferramenta de xeración automática de exemplos baseados en corpus (Xera) e un módulo de combinatoria actancial (Combinatoria). A interoperabilidade entre estes compoñentes, sustentada en esquemas de datos compartidos e formatos normalizados, permite a recuperación coordinada de información a partir dunha única consulta.Sobre esta infraestrutura desenvolveuse un modelo de contorno de aprendizaxe interactivo, concibido como prototipo, que identifica cinco potencialidades pedagóxicas principais: divulgación adaptativa da información, exploración indutiva de esquemas argumentais, andamiaxe metalingüística contextualizada, análise contrastiva de estruturas e práctica interactiva con feedback inmediato. O prototipo ilustra como estas affordances se ven reforzadas cando operan sobre datos semanticamente estruturados e interoperables. O traballo defende que a arquitectura dos recursos —e non só os contidos— condiciona os procesos de aprendizaxe posibles, e propón este prototipo como un modelo transferible e escalable para futuras aplicacións en lexicografía orientada á aprendizaxe.

Powered by OpenAIRE graph
Found an issue? Give us feedback