<script type="text/javascript">
<!--
document.write('<div id="oa_widget"></div>');
document.write('<script type="text/javascript" src="https://www.openaire.eu/index.php?option=com_openaire&view=widget&format=raw&projectId=undefined&type=result"></script>');
-->
</script>
handle: 10347/19594
Xa sexa movidos pola curiosidade, pola notoriedade dun determinado lugar, polo seu valor histórico, etc., ou polo morbo, o feito é que desde tempos inmemoriais a dor, o dó, a morte, a desigualdade, a fame e así unha longa lista de feitos dolorosos foron susceptibles de ser mercantilizados e comercializados no mercado turístico. Algunhas catástrofes recentes dan boa mostra diso: é o caso dos ataques terroristas do 11S en Nova York, do furacán Katrina en Nova Orleáns, do tsunami que asolou o sueste asiático ou do vertido do petróleo do Prestige. Estes catro casos difiren na natureza da catástrofe, irrelevante para o noso obxecto de estudo e, en cambio, resultan comparables polo seu carácter coetáneo, polo elevado impacto que tiveron na opinión pública debido ao intenso seguimento por parte dos medios de comunicación e, por suposto, pola afectación da actividade turística. Como resultado obsérvase que o contexto resulta crucial para explicar a explotación da catástrofe e, en particular, o grao de destrución da infraestrutura turística, a dependencia do turismo que teña o destino e o impacto na afluencia de visitantes. Ademais, constátase que, no caso da Costa da Morte, fronte ás connotacións eticamente negativas do turismo escuro, presenta aspectos positivos como a chegada de voluntarios durante os meses seguintes á catástrofe, o que constitúe un dos factores explicativos do crecemento das pernoitas na zona
Turismo escuro, Turismo oscuro, Turismo de catástrofes, Costa da Morte, Disasters tourism, Dark tourism
Turismo escuro, Turismo oscuro, Turismo de catástrofes, Costa da Morte, Disasters tourism, Dark tourism
citations This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |