
handle: 2183/48015
[Resumo] Introdución: O fútbol é o deporte máis popular en España e Galicia, con miles de licenzas federativas. A alta participación leva consigo unha considerable incidencia de lesións, especialmente nas extremidades inferiores. A literatura científica comunmente non presta atención aos factores ambientais clave como o tipo de céspede e o calzado na análise dos mecanismos lesionais, deixando un baleiro de coñecemento relevante. Obxectivo: Este estudo tivo como obxectivo principal determinar o perfil lesional dos futbolistas en Galicia e analizar a relación entre a prevalencia de lesións, o tipo de céspede e o tipo de calzado utilizado. Metodoloxía: Realizouse un estudo transversal mediante a técnica de enquisa, empregando un cuestionario ad hoc elaborado especificamente para este estudio e distribuído a través da Federación Galega de Fútbol durante os meses de abril e maio. A enquisa recolleu datos sobre a prevalencia e tipo de lesións sufridas dende a tempada 2023/24 ata a actual 24/25, hábitos de adestramento e competición, tipos de terreo de xogo, antigüidade e estado do céspede artificial, uso e renovación do calzado, e hábitos de prevención e recuperación. Resultados: Participaron 544 futbolistas galegos (83,6% homes; idade media 20,51 ± 8,496 anos), principalmente de fútbol base e amateur (51,7% e 44,3% respectivamente). Un 60,8% dos participantes reportou ter sufrido lesións, cunha estimación de 5,27 lesións por cada 1000 horas de exposición. As lesións máis frecuentes foron as escordaduras de nocello (25,46%) e as distensións/roturas fibrilares (19,37%), xunto con abrasións por céspede (12,18%) e patoloxías de xeonllo. A maioría das lesións ocorreron durante o partido (59,6%). O céspede artificial representa a superficie predominante (máis do 92% de uso para adestramentos e partidos), e moitos campos son descritos como "moi desgastados" ou "moderadamente desgastados". O taco máis usado é o MG (31,2%), pero observouse un uso considerable de tacos FG (concibido para céspede natural) en superficies artificiais. Un 64,9% dos xogadores afirmou non cambiar de botas segundo o terreo, e un 14,2% non realiza ningún tipo de prevención de lesións. As análises de táboas cruzadas non amosaron significación estatística mediante o estatístico Chi2, pero si patróns suxestivos como maior porcentaxe de lesións en terra/areoso e superficies irregulares. Conclusións: A alta prevalencia de lesións nas extremidades inferiores en futbolistas galegos, xunto coa intensa explotación das instalacións de céspede artificial (369 campos para 3733 equipos) e o uso inadecuado do calzado, suxiren a existencia de factores de risco ambientais relevantes. A falta de coñecemento dos xogadores sobre o estado do céspede e o escaso asesoramento podolóxico profesional son áreas clave a mellorar. É crucial mellorar as condicións das instalacións e educar aos deportistas sobre a elección adecuada do calzado para optimizar a seguridade e o rendemento.
Prevention, Artificial turf, Sports footwear, Fútbol, Céspede artificial, Lesións, Galicia, Prevención, Football Injuries, Calzado deportivo, Césped artificial, Lesiones
Prevention, Artificial turf, Sports footwear, Fútbol, Céspede artificial, Lesións, Galicia, Prevención, Football Injuries, Calzado deportivo, Césped artificial, Lesiones
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
