
handle: 2183/47686
[Resumo] Este Traballo de Fin de Grao analiza o comportamento informacional das poboacións rurais lucenses a través das teorías desenvolvidas por Elfreda Chatman: a Teoría do Pequeno Mundo, a Teoría da Pobreza de Información e a Teoría da Vida en Círculo. O obxectivo principal, foi comprobar se estas teorías se reflicten na forma na que as persoas acceden, comparten e procesan a información. Entre os obxectivos específicos, están identificar as fontes de información máis utilizadas e avaliar o nivel de habilidades dixitais e informacionais, así como observar patróns comúns de comportamento cara á información. A metodoloxía combinou técnicas cualitativas (entrevistas semiestruturadas, observación directa) con ferramentas cuantitativas (estatística: táboas e gráficos elaborados en Excel, onde se analizaron os datos recollidos). Entrevistáronse un total de 42 persoas de diferentes idades e perfís en tres aldeas da provincia de Lugo: Betote, Toldaos e San Salvador de Toldaos. Os resultados confirman que estas poboacións se comportan como "pequenos mundos", onde a información circula principalmente a través do boca a boca, con escasa verificación (xa que adoita proceder de persoas coñecidas), dentro de círculos pechados e cunha desconfianza xeral cara ás fontes externas (que adoitan verificar máis). Detectouse unha baixa presenza de habilidades dixitais, especialmente entre a xente maior, e un uso limitado das redes sociais. As principais fontes de información foron a televisión, WhatsApp (como aplicación de mensaxería) e o xornal, tanto en formato impreso como dixital. En conclusión, as teorías de Chatman resultan aplicables positivamente ao contexto rural lucense, poñendo de manifesto unha clara pobreza informacional.
Technology, Informational behavior, Pequeno mundo, Small worlds, Habilidades dixitais, Tecnología, Sarria, Comportamiento informacional, Lugo, Pobo, Triacastela, Galicia, Informational skills, Elfreda Chatman, Pueblo, Habilidades informacionais, Habilidades digitales, Village, Tecnoloxía, Desinformación, Rural, Pequeño mundo, Habilidades informacionales, Disinformation, Digital skills
Technology, Informational behavior, Pequeno mundo, Small worlds, Habilidades dixitais, Tecnología, Sarria, Comportamiento informacional, Lugo, Pobo, Triacastela, Galicia, Informational skills, Elfreda Chatman, Pueblo, Habilidades informacionais, Habilidades digitales, Village, Tecnoloxía, Desinformación, Rural, Pequeño mundo, Habilidades informacionales, Disinformation, Digital skills
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
