
handle: 2183/20621
[Resumo] Neste traballo achegarémonos ás novelas de Domingo Villar, Ollos de auga (2006) e A praia dos afogados (2009), así como ao filme baseado na segunda delas e estreado no ano 2015. A publicación destas dúas obras e a súa boa acollida, tanto por parte do público lector como da crítica, supuxeron a súa consolidación no sistema literario galego como autor de novela criminal. Neste sentido, a súa tradución a diversos idiomas fixo tamén que pasase a formar parte do panorama internacional da novela policial. No presente estudo realizaremos unha análise de ambas obras partindo dos parámetros deste subxénero narrativo para así percibirmos as súas características fundamentais, mais tamén os elementos evolutivos mais destacábeis da primeira á segunda novela. Deterémonos, finalmente, na adaptación cinematográfica baseada n’A praia dos afogados baixo a dirección de Gerardo Herrero.
Traballo fin de grao (UDC.FIL). Galego e portugués estudios lingüísticos e literarios. Curso 2016/2017
Herrero, Gerardo, Villar, Domingo, Novela policial galega, Adaptacións cinematográficas
Herrero, Gerardo, Villar, Domingo, Novela policial galega, Adaptacións cinematográficas
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
