
handle: 2183/14456
[Resumo] Destacan os autores en termos xerais a pouca atención que os investigadores prestaron ó colectivo de poboación maior con deficiencia mental. Os esforzos na actualidade dos traballos de investigación sobre o envellecemento van encamiñados a “engadir vida ós anos, máis que engadir anos a vida”. O proceso de avellentamento dase nun seno familiar raras veces axeitado a esta circunstancia, e con carencias importantes nos sistemas de apoio. Pretendese que no futuro as persoas con discapacidade intelectual vivan máis anos e poidan gozar da súa ancianidade con maior dignidade e con maiores cotas de saúde e benestar. Na actualidade non existen en Galicia centros especializados para atender a estas persoas con discapacidade intelectual engadida o proceso de avellentamento. Por outra banda, os centros xeriatricos non poden acollelos ata que teñan os 60 anos, cando este colectivo xa presenta problemas de ancianidade arredor dos 45 anos. Asimesmo os centros xeriatricos non están deseñados para persoas con discapacidade. Polo tanto compre dar resposta a esta nova demanda de persoas que teñen unha esperanza de vida cada vez maior.
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
