
handle: 11093/7383
A Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega traballa na consecución de debates e accións encamiñadas a facer pensar desde e fronte ás artes visuais na actualidade. A presente publicación recolle as reflexións que tiveron a súa orixe nas xornadas que, co mesmo título ARTE + PINTURA, reuniron no ano 2014 a profesionais que son protagonistas dos cambios acaecidos na pintura nas últimas décadas. Exposicións, publicacións e a propia práctica artística son testemuño do final dunha crise prolongada e da revitalización da pintura no ámbito internacional, nacional e galego. Con intereses renovados, a pintura móstrase vacilante entre a expansión e a resistencia, entre as novas linguaxes e a vixencia da imaxe pintada, entre a tradición secular e a ruptura das súas convencións. As achegas presentadas nas xornadas —Antón Castro, Isabel Sabino, Juan Carlos Meana, David Barro, Glòria Picazo, Ánxel Huete, Berta Cáccamo, Manuel Eirís, Miren Doiz, Chelo Matesanz, Din Matamoro, Daniel Verbis e Tatiana Medal— desenvólvense agora nesta publicación para afondar na análise da cuestión e prolongar o debate. As súas reflexións contribúen a formular novas preguntas, a estimular o pensamento e a acción para, en definitiva, continuar ampliando o concepto ou a definición de pintura.
6203.07 Pintura
6203.07 Pintura
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
