
handle: 11093/2000
O principal reclamo turístico da provincia de Ourense (Galicia, España) é o termalismo, eixe da súa estratexia turística. Por iso é primordial salvagardar e potenciar os recursos vinculados a este tipo de turismo. Na maioría dos casos, estes atópanse nas beiras e nas proximidades de ríos, o que os fan susceptibles de risco de inundación, algo habitual en diversos puntos da provincia. Neste proxecto trátase un destes casos, o o campamento Aquis Querquennis na beira do encoro das Conchas (Bande, Galicia, España). Trátase dun recurso turístico con gran valor histórico, que ademais de termas, conta cun campamento militar e cunha mansión viaria (pousada de viaxeiros/as). O citado recurso xera unha afluencia turística e dela deriva un impacto socioeconómico na zona. Precisamente este subproxecto busca medir cal é esta afluencia turística e se hai variacións ou estacionalidade no destino en función das tempadas en que o recurso está inundado. Por outra parte, búscase estudar cal é o impacto do turismo no destino. Analizarase a través dos seguintes subobxectivos: Analizar a demanda turística do recurso e a posible estacionalidade. Analizar a oferta turística do destino. Analizar o impacto social do turismo no destino (posibles melloras no destino ou gozo do recurso turístico por parte dos/as residentes, así como a percepción dos/as residentes respecto aos/ás turistas).
5505.01 Arqueología, Turismo [5312.90 Economía Sectorial], 5312.90 Economía Sectorial: Turismo, 5401.04 desarrollo Regional
5505.01 Arqueología, Turismo [5312.90 Economía Sectorial], 5312.90 Economía Sectorial: Turismo, 5401.04 desarrollo Regional
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
