
handle: 10347/7558
As manifestacións literarias populares son máis numerosas que as cultas. Na primeira parte deste traballo, “Literatura culta e literatura popular”, o autor explica as razóns polas que estudamos e coñecemos máis e mellor a literatura escrita –a culta– que a oral –a popular–. Na segunda parte, “Da oralidade á escritura”, abórdase a influencia da imprenta na literatura de transmisión oral, o que favoreceu o paso dunha cultura que tiña as súas raíces na oralidade a outra que se sustentaba na palabra escrita, e proponse, dende consideracións filolóxicas e críticas, o sentido que poida ter o tratamento como textos escritos de materiais de transmisión oral. Na última parte, “Literatura e memoria”, refírese aos perigos de gardar na memoria dunha colectividade versións deformadas de obras literarias, cuxa fixación escrita non se realizou con rigor, e reflexiona sobre a perda de obras literarias de transmisión oral que foron unha parte importante do imaxinario de moitas sociedades, constituído o patrimonio inmaterial –folclórico e etnolóxico– que caracteriza unha parte da cultura desas sociedades.
memoria, oralidade, literatura culta, literatura infantil e xuvenil, literatura popular, escritura
memoria, oralidade, literatura culta, literatura infantil e xuvenil, literatura popular, escritura
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
