
handle: 10347/46403
A preparación de híbridos obtidos da fusión de porfirinas con nanografenos derivados de diversos hidrocarburos policíclicos aromáticos está a suscitar un crecente interese no ámbito da investigación, debido á capacidade de modificar as propiedades optoelectrónicas destes sistemas. Aínda que a investigación destes híbridos é intensa, a literatura relativa aos que combinan derivados de acenos e porfirinas é escasa. Neste traballo, proponse acadar a funcionalización dun sistema nanografénico de pentaceno, derivado do fenantreno, cunha porfirina (5,10,15-trimesitilporfirina), mediante química en disolución. Para iso, a ruta de síntese dividiuse en tres fases principais: i)síntese da porfirina; ii)síntese do sistema nanografénico e iii) acoplamento do híbrido porfirina-nanografeno. Para sintetizar a porfirina seguiuse unha ruta xa descrita previamente na literatura. Na síntese do nanografeno, seguindo as estratexias sintéticas en disolución baseadas na química de arinos desenvoltas polo noso grupo de investigación, exploráronse diferentes enfoques baseados en reaccións de cicloadición [4+2], xunto con modificacións destinadas a mellorar a súa solubilidade e estabilidade en disolución. Finalmente, no acoplamento porfirina-nanografeno, os resultados, aínda que preliminares, suxiren a obtención do híbrido porfirina-nanografeno proposto, o que supón un prometedor punto de partida para a síntese de novos materiais con estruturas e propiedades destacábeis en disolución.
2306 Química orgánica
2306 Química orgánica
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
