
handle: 10347/45444
A ostra plana europea (Ostrea edulis) é unha especie de gran relevancia ecolóxica, económica e cultural, cuxo papel como enxeñeira ecosistémica a converte nun compoñente clave dos ecosistemas costeiros europeos. Porén, as poboacións naturais sufriron un acusado declive ao longo do último século debido á sobreexplotación, á degradación do hábitat e, especialmente, á aparición da bonamiose, unha enfermidade causada polo protozoo intracelular Bonamia ostreae. Esta enfermidade provoca elevadas mortalidades nas ostras adultas e constitúe un dos principais obstáculos para a recuperación dos bancos naturais e o desenvolvemento de programas de repoboación. Neste contexto, resulta esencial comprender a base xenética da resistencia e desenvolver ferramentas de selección que permitan producir semente tolerante ou resistente. Nesta tese adoptouse un enfoque multidisciplinar, integrando xenómica de poboacións, estudos de estrutura cromosómica e transcriptómica, co obxectivo de desentrañar os mecanismos xenéticos e moleculares que subxacen á resistencia a B. ostreae.
240903 Genética de poblaciones, Ostrea edulis, Resistance, Bonamia ostreae, Inversions, 310903 Inmunología, 251092 Acuicultura marina
240903 Genética de poblaciones, Ostrea edulis, Resistance, Bonamia ostreae, Inversions, 310903 Inmunología, 251092 Acuicultura marina
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
