
handle: 10347/44723
Introdución: A actividade física é fundamental para o benestar físico, mental e social, especialmente durante a infancia. Porén, as taxas actuais de inactividade e sedentarismo infantil son preocupantes e están relacionadas cun desenvolvemento insuficiente das habilidades motrices básicas (HMB). Estas habilidades son clave para favorecer estilos de vida saudables ao longo da vida. Neste contexto, a falta de estándares que definan unha competencia motriz normativa dificulta a detección temperá de posibles atrasos. Obxectivos: Analizar o desenvolvemento das HMB de nenos/as de Galicia entre 6 e 12 anos co fin de estandarizar os valores normativos de desenvolvemento da competencia motriz. Material e métodos: Estudo observacional no que 437 nenos/as galegos/as de entre 6 e 12 anos participaron na avaliación de 21 HMB. As habilidades foron avaliadas por tres avaliadores adestrados empregando a aplicación Alfamov, que permite unha valoración sistemática da competencia motriz. Calculáronse as puntuacións obtidas polos nenos/as en cada habilidade tendo en conta o ciclo educativo e o sexo e analizáronse as diferenzas entre eles empregando as probas non paramétricas Kruskall-Wallis ou U de Mann Whitney, segundo correspondese. Resultados: Observouse unha mellora progresiva nas HMB a medida que aumenta a idade. As nenas destacaron nas habilidades de estabilidade (Me=30,0 (26,0-34,0) vs Me=27,0 (22,0-31,0) puntos; p<0.001), mentres que os nenos obtiveron mellores resultados nas manipulativas (Me=43,0 (37,0-47,0) vs Me=35,0 (30,0-40,0) puntos nas nenas p<0,001). As diferenzas por sexo foron máis evidentes no segundo ciclo educativo. Conclusións: Observouse un desenvolvemento progresivo das HMB co avance da idade, con mellores resultados nas habilidades manipulativas nos nenos e de estabilidade nas nenas. As primeiras habilidades adquiridas foron correr ou a recepcionar, mentres que se identificaron habilidades máis complexas coma o bateo, cambio de dirección ou os volteos que tardaron en desenvolverse. Os achados permiten orientar a avaliación da competencia motriz e detectar posibles atrasos no seu desenvolvemento.
Motor literacy, Evaluación, Physical activity, Alfabetización motriz, Development, Assessment, Habilidades motrices básicas, Childhood, Standardization, Competencia motriz, Motor competence, Avaliación, Estandarización, Actividad física, Actividade física, Fundamental motor skills, Infancia, Desenvolvemento, Desarrollo
Motor literacy, Evaluación, Physical activity, Alfabetización motriz, Development, Assessment, Habilidades motrices básicas, Childhood, Standardization, Competencia motriz, Motor competence, Avaliación, Estandarización, Actividad física, Actividade física, Fundamental motor skills, Infancia, Desenvolvemento, Desarrollo
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
