
handle: 10347/44720
Introdución: Realizar actividade física regularmente é fundamental para levar a cabo con destreza actividades motrices, que establecen a base para un estilo de vida activo e saudable. Non obstante, na actualidade, non se están alcanzando os mínimos requiridos, o que pon de manifesto un aumento considerable da inactividade física e do sedentarismo. Isto repercute negativamente no desenvolvemento motor na infancia e en etapas posteriores, xa que as actitudes que se adquiren sendo nenos/as tenden a manterse no resto da vida. Outros factores a considerar son os sociais e contextuais, pouco estudados e importantes na alfabetización motriz. Obxectivo: Determinar os factores biolóxicos, sociais e contextuais que inflúen no desenvolvemento das habilidades motrices básicas locomotrices en nenos e nenas de 6 a 12 anos de Galicia. Metodoloxía: Estudo observacional correlacional que avaliou a competencia motriz de 502 nenos e nenas de 6 a 12 anos pertencentes á etapa primaria e sen impedimentos físicos, os cales realizaron dez habilidades locomotrices (como carreira, salto cun pé, desprazamento lateral) e cuxos pais, nais ou titores legais cubriron un cuestionario sobre datos sociodemográficos e práctica deportiva do/a menor. Analizouse a relación da competencia motriz coas variables sociodemográficas mediante unha regresión lineal múltiple. Resultados: As habilidades locomotrices asociáronse de xeito positivo e significativo coa idade (t=16,755; p<0,001) e a práctica de actividade física regular (t=4,086; p<0,001), e negativamente co índice de masa corporal (t=-7,175; p<0,001). A habilidade na que os participantes demostraron maior competencia foi o desprazamento lateral, mentres que no de cambio de dirección obtiveron peores puntuacións. Conclusións: A competencia motriz na infancia está influenciada pola idade, o índice de masa corporal e a práctica deportiva habitual, relacionadas co ámbito individual dos nenos/as. Estes achados apoian a adquisición de hábitos saudables que permitan a mellora das habilidades locomotrices e o seu mantemento no tempo.
Motor development, Physical activity, Hábitos saudables, Habilidades motrices básicas, Childhood, Desarrollo motor, Actividad física, Socioeconomic status, Desenvolvemento motor, Actividade física, Fundamental motor skills, Hábitos saludables, Status socioeconómico, Infancia, Healthy habits
Motor development, Physical activity, Hábitos saudables, Habilidades motrices básicas, Childhood, Desarrollo motor, Actividad física, Socioeconomic status, Desenvolvemento motor, Actividade física, Fundamental motor skills, Hábitos saludables, Status socioeconómico, Infancia, Healthy habits
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
