
handle: 10347/42906
A tensión entre o mandato representativo e o mandato de partido é estrutural en calquera democracia de partidos, pero non necesariamente negativa nin irresoluble. A existencia de límites ao poder é fundamental para que non haxa abuso do mesmo e, por iso, a forma na que se xestione esa tensión pode propiciar unha maior democracia interna no seo das formacións políticas mediante a articulación de mecanismos de deliberación, afondando no funcionamento democrático dos partidos, que é esixencia constitucional. Porén, esa tensión tamén pode derivar nunha crise política como ocorreu en Santiago de Compostela, con un PSdeG dividido e a expulsión de tres concelleiras e un concelleiro, que traía causa da ruptura da disciplina de voto nunha ordenanza vencellada á regulación das vivendas de uso turístico no municipio, que rematou por revelar unha loita oculta pola dominación do partido. Así, con este estudo de caso, explorar os límites desta tensión, aplicando a perspectiva local -pouco usual neste tipo de estudos-, suporá explicar os efectos que esta crise tivo na percepción de lexitimidade do partido.
Democracia, Lexitimidade, Partidos políticos, Representación local, 59 Ciencia política, Desafección, Mandato, Representación política
Democracia, Lexitimidade, Partidos políticos, Representación local, 59 Ciencia política, Desafección, Mandato, Representación política
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
