
handle: 10347/42711
As últimas décadas supuxeron un grande avance para a muller en canto a cambios laborais e sociais, cuxos exemplos máis característicos os encontramos na masiva incorporación das mulleres ao mercado de traballo e a conseguinte feminización do colectivo asalariado. Neste momento de crise económica no que nos encontramos, as devanditas políticas de igualdade retardáronse dun xeito espectacular, ademais de producirse un forte aumento do desemprego especialmente entre o sector feminino. Os viveiros de empresa son unha potente ferramenta para o desenvolvemento económico e social, que fomenta o emprendemento, especialmente naqueles colectivos con menores oportunidades laborais, como é o caso das mulleres. O obxectivo da comunicación será analizar o papel da muller como emprendedora nos viveiros de empresas en Galicia. Para iso, estudaranse os cambios na situación laboral da muller nos últimos anos, así como a porcentaxe de emprendemento feminino nos viveiros de empresas galegos. Ao final desta, expoñeranse os resultados e as conclusións derivadas do estudo.
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
