
handle: 10347/39701
A crecente atomización dos núcleos familiares xunto coa falta de políticas públicas específicas determinan que parte da poboación da terceira idade pase a última etapa da súa vida en soidade ou en centros residenciais. Ademais, a tendencia ao envellecemento demográfico contrasta cun relato social lastrado de estereotipos e prexuízos cara á vellez que podemos englobar baixo os termos idadismo e xerontofobia. Esta situación abre unha serie de problemas e desafíos que, pola súa natureza, permiten e demandan unha abordaxe filosófica. O tratamento destas cuestións co alumnado de secundaria cubre un baleiro na didáctica da filosofía, ao tempo que fomenta unha visión crítica desta problemática social. Esta proposta de ensinanza explora as posibilidades dun achegamento filosófico ao fenómeno da vellez nas aulas de filosofía a través da combinación de diferentes metodoloxías activas. O núcleo da proposta é unha actividade de aprendizaxe-servizo que promove o diálogo interxeracional. Os resultados obtidos na súa implementación parcial confirman a pertinencia e actualidade do proxecto e o potencial educativo dos encontros interxeracionais
Filosofía da educación, Service-learning, Aprendizaje-servicio, Old age, Filosofía de la educación, Intergenerational dialogue, Diálogo interxeracional, Ageism, Philosophy of education, Aprendizaxe-servizo, Diálogo intergeneracional, Vellez, Idadismo, Edadismo, Vejez
Filosofía da educación, Service-learning, Aprendizaje-servicio, Old age, Filosofía de la educación, Intergenerational dialogue, Diálogo interxeracional, Ageism, Philosophy of education, Aprendizaxe-servizo, Diálogo intergeneracional, Vellez, Idadismo, Edadismo, Vejez
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
