
handle: 10347/34823
Os Campiños é unha das necrópoles tumulares e megalíticas máis importantes da península do Barbanza e do Baixo Ulla. Isto é debido tanto á magnitude dalgúns dos seus monumentos, que conservan ortostatos e coirazas pétreas en superficie, como á existencia dunha estela antropomorfa decorada aparecida durante as escavacións arqueolóxicas realizadas no ano 1984, que posúe gravados prehistóricos. Os obxectivos deste Traballo de Fin de Grao son, por un lado, realizar un estudo de actualización arqueolóxica de campo sobre a necrópole, recollendo datos de primeira man para poder contrastalos coas investigacións previas e analizar o grao de conservación actual. Por outra parte, en canto á estela, co obxectivo de revisitar as investigacións anteriores, proponse a realización dun modelo 3D mediante fotogrametría de obxecto cercano e a súa análise mediante técnicas de imaxe dixital. No traballo conclúese que a necrópole presenta un estado de conservación actual deficiente, sendo necesarias actuacións inmediatas de limpeza e posta en valor do conxunto monumental. No que respecta á estela antropomorfa, as técnicas de imaxe dixital permiten observar posibles novos motivos que veñen a completar o programa iconográfico xa coñecido.
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
