
handle: 10347/34799
O obxectivo deste traballo é realizar unha primeira aproximación aos proxectos de vivenda social construídos no lugar de Fedorento, na vila da Guarda, en Pontevedra, Galicia, durante os anos cincuenta e sesenta do século XX, no contexto da ditadura franquista, e baixo a dirección do Instituto Nacional de Vivenda, a Delegación Nacional de Sindicatos e a Obra Sindical del Hogar. Deste xeito, abórdase, en primeira instancia, o proceso de construción e asignación das vivendas aos seus primeiros beneficiarios e, en segunda instancia, un estudo acerca da propia composición social e grao de consentimento cara o Réxime dos mesmos, así como a comprensión do transcorrer da vida en todas as súas facetas dentro dos grupos de vivendas. Esta investigación pretende ao mesmo tempo contrastar os seus resultados coa literatura existente sobre o tema, coa finalidade de iniciar un proceso non só de estudo individual do caso guardés, senón de establecemento de certos elementos comúns, ao tempo que se resaltan as particularidades observadas no estudo de caso. Para a construción do traballo foi de grande importancia a consulta de fontes primarias tales como fontes documentais de arquivo, fontes hemerográficas, fontes fotográficas e fontes orais, recollidas mediante a realización de entrevistas a beneficiarios das vivendas.
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
