
handle: 10347/33966
A materia Facenda Pública: Ingresos e Gastos está enmarcada no bloque formativo relativo ao estudo do sector público, no Grao de Economía. Segundo o regulado no RD 1393/2007, e na lexislación propia da USC, a materia ten o carácter de obrigatoria no Plan de Estudos, que se sitúa temporalmente no primeiro semestre do 3º curso do Grao. Así, pois, está destinada aos alumnos do Grao en Economía do Campus de Santiago de Compostela. O contido impártese o primeiro semestre do curso, cunha carga lectiva de 6 créditos ECTS. Destes, o 60% teñen carácter expositivo e o 40% interactivo. Deste xeito, e de acordo co horario que se estableza anualmente polo Centro, a distribución semanal da carga lectiva farase combinando as aulas expositivas de dúas horas de duración, coas interactivas, de hora e media. A programación docente está constituída por catro unidades didácticas, nas que se abordan os aspectos máis relevantes para mergullarse na Economía do Sector Público. Así, despois da primeira parte, destinada á contextualización da economía pública, á definición dos seus axentes e aos instrumentos de intervención cos que conta o sector público, entramos no estudo concreto dos ingresos e gastos públicos, deixando para o final unha cuestión que se tratará máis a fondo en posteriores materias, pero que serve de introdución para o tema do federalismo fiscal, a súa xustificación económica, os aspectos teóricos e prácticos da descentralización e as competencias de ingresos e gastos correspondentes a cada nivel de goberno.
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
