
handle: 10347/33884
Este traballo céntrase na análise dos cambios históricos nas dinámicas xeomorfolóxicas do estuario do Tambre, no interior da ría de Muros-Noia, mediante unha análise sedimentolóxica, e da cartografía dos principais cambios a partir da análise dunha secuencia de imaxes aéreas. A análise ten en conta os profundos cambios derivados da construción de infraestruturas na liña de costa, especialmente na vila de Noia, así coma nas principais cuncas fluviais que alimentan o sistema. Os resultados permitiron caracterizar as principais dinámicas que presenta actualmente o sistema, así como a evolución das diferentes unidades do estuario entre os anos 1956 e 2020. Os datos indican un proceso de colmatación relativamente acelerado, como consecuencia probable das intensas modificacións antrópicas realizadas, acompañado de uns niveis de contaminación elevados con respecto ao século pasado. Ante isto, propóñense unha serie de medidas de ordenación e xestión co obxectivo da redución/mitigación e/ou adaptación do medio á nova realidade acorde coa sociedade e co medio ambiente.
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
