
handle: 10347/33724
A introdución da resolución de problemas nas aulas é un dos maiores retos da educación. Explicar de que tratan as matemáticas é unha das maiores dificultades ás que nos enfrontamos os docentes. No presente Traballo Fin de Grao móstrase a relación entre o desenvolvemento do pensamento lóxico-matemático, a creatividade e a resolución de problemas matemáticos por medio dunha proposta de innovación didáctica que segue un enfoque STEAM. As dificultades detectadas nos discentes ao redor deste aspecto, fan necesaria a revisión do seu ensino. O dogma prescritivo de “faise así” ou “tes que pensar así”, sen carácter científico algún, segue primando nas aulas amparado baixo protocolos descontextualizados como consecuencia da falta de formación e de vontade de superación do profesorado. Así, a través dunha metodoloxía interdisciplinaria, constructivista, cooperativa, participativa e manipulativa, esta proposta ten como obxectivo somerxerse na procura de ideas innovadoras e realistas que sexan posibles levar ás aulas a través da invención e resolución de problemas. Só así conseguirase un alumnado motivado, competente, consciente das súas aprendizaxes e capaz de resolver as situacións problemáticas que se lle vaian presentando ao longo da súa vida
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
