
handle: 10347/31196
Apelar ao medo nas comunicacións sobre o cambio climático nos medios é unha cuestión amplamente debatida. Varios autores propoñen a necesidade de incluír información de carácter remedial, posterior ás mensaxes ameazantes, para paliar os posibles danos provocados pola ameaza. Entre estes danos, atópase a eco-ansiedade. Neste traballo realizouse un experimento con grupos aleatorios, divididos en tres grupos, que recibiron diferentes tipos de textos sobre o medio ambiente, con diferentes graos de ameaza e con ou sen solucións. Avaliouse a eficacia colectiva, as emocións negativas relacionadas co cambio climático e a eco-ansiedade en cada un deles. Esperábase que o grupo exposto a textos ameazantes amosara menor percepción de eficacia e maior eco-ansiedade que o grupo exposto a mensaxes con solucións, mentres que o grupo control tería niveis máis baixos nestas variables que os grupos experimentais. Realizáronse análises descritivas, de correlación e de varianza. Os resultados amosaron o impacto dos textos ameazantes, pero non se atoparon diferenzas significativas entre os tres grupos nas variables estudadas. Logo, analizouse ás persoas que presentaban altos e baixos niveis de eco-ansiedade, atopándose relacións significativas entre as emocións negativas e a presenza de eco-ansiedade, pero non se demostrou unha relación entre esta última e a percepción de eficacia colectiva. Os resultados suxiren a dificultade de influír na eco-ansiedade cunha soa exposición, resaltando a estabilidade deste construto; e a necesidade de seguir investigando a relación entre eficacia colectiva e a eco-ansiedade
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
