
handle: 10347/30638
O solo é un recurso non renovable que debemos conservar para garantir o noso futuro. Esta capa superficial da Terra é a responsable da supervivencia do ser humano, pero non lle prestamos a importancia que merece. Neste traballo preténdese poñer en valor o solo como un patrimonio non recuperable ou de difícil recuperación. As súas propiedades físicas e físico-químicas poden verse alteradas polos incendios forestais. Dende hai séculos empregouse o lume para ampliar zonas de cultivo, pero as queimas reiteradas alteran estes ecosistemas. Coa falta de vexetación, os solos vense afectados pola erosión ou a escorrentía superficial. A maiores, a perda de materia orgánica ou a repelencia á auga dificultan a recuperación do solo. Para coñecer mellor a incidencia dos lumes analizáronse dúas secuencias edafo-sedimentarias localizadas na Serra do Barbanza (A Coruña), unha delas nunha zona afectada por queimas recorrentes. Realizándose diversos procedementos físico-químicos para mostrar con datos obxectivos cales son as súas consecuencias. Os incendios son un fenómeno natural que se converteu nun factor antrópico, e debemos coñecer a súa incidencia nos solos para así poder conservalos dunha forma máis efectiva.
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
