
handle: 10347/30052
O traballo comeza cunha breve introdución acerca da importancia dos autovalores de grandes matrices na nosa vida diaria para resolver diferentes tipos de problemas. Móstrase, ademais, unha clasificación dos diferentes métodos de cálculo de valores propios para grandes matrices e para centrarse despois no método de cálculo de autovalores baseado en reducir unha matriz calquera a unha semellante (e polo tanto cos mesmos autovalores) de tipo Hessenberg superior mediante matrices de rotación de Givens e utilizar o método de Hyman para avaliar e resolver o polinomio característico desta matriz. Ademais, estudarase a adaptación do método de Givens para matrices simétricas que, por tanto, se reducen a matrices tridiagonais simétricas, o que permite utilizar a estratexia de Sturm para o cálculo de autovalores deste tipo de matrices. Os métodos son descritos tanto dende o punto de vista matemático como computacional detallando a súa codificación e programación en Matlab. Os códigos engádense ao final de cada tema e o texto complétase cos resultados obtidos no cálculo de autovalores de matrices tomadas como exemplo, comparando os resultados cos proporcionados directamente polo código Matlab (comando eig).
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
