
handle: 10347/29007
[GL] A regresión modal xorde como alternativa á regresión en media para tratar de modelar relacións entre variables nos casos nos que esta poida non ser adecuada, dado que a media condicional non é sempre unha medida resumo que representa fielmente a relación entre as mesmas. Este traballo ten como obxectivo presentar a regresión modal non paramétrica. Comezamos mostrando varias simulacións e un caso real onde a regresión en media paramétrica non é adecuada, para abordar así a estimación da densidade non paramétrica. Co fin de contextualizar a metodoloxía da regresión modal, farase unha análise da estimación tipo núcleo da densidade e da densidade condicional, destacando a forma de seleccionar unha fiestra de suavizado adecuada. Para isto, introduciranse varios criterios de erro e diferentes métodos de selección. Para concluír, desenvolverase a estimación modal non paramétrica. Para introducir a regresión modal, farase unha breve alusión ao modelo linear unimodal. Posteriormente, ilustrarase o principal algoritmo para a construción do modelo non paramétrico multimodal, o 𝑚𝑒𝑎𝑛-𝑠ℎ𝑖𝑓𝑡. A continuación, describiranse varias medidas de erro, as cales deben definirse para conxuntos no canto de puntos, coa idea de poder facer unha selección adecuada das fiestras. Mostraranse dous métodos de selección do ancho de banda cuxa idea xeral coincide co da estimación tipo núcleo. Finalmente, ilustrarase a regresión modal non paramétrica sobre os exemplos, simulados e real, onde a regresión en media paramétrica non era adecuada.
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
