
handle: 10347/28937
[GL] Presentes nun amplo rango de disciplinas, os sistemas dinámicos lineais representan as relacións e os cambios que se producen ao longo do tempo entre conxuntos de elementos dun mesmo medio. Esta definición tan aberta é a que permite aplicar estes sistemas con tanta diversidade. Así pois, tanto a capacidade de modificar e controlar certo proceso, como de observar e deducir as causas dun resultado son de gran interese en campos tan dispares como a economía ou a bioloxía. A raíz destes obxectivos xurdiron a controlabilidade e a observabilidade, fortemente ligadas a outros conceptos que facilitan o traballo que se está a realizar minimizando os esforzos precisos. No presente traballo realízase unha análise destas dúas ideas clave dende as diferentes formas que existen de representar tales sistemas dinámicos lineais. Amosaranse as vantaxes de cada representación, como ben pode ser o xeito de obter a expresión que esixa un menor esforzo de computación, e as desvantaxes, como poden ser as diferentes dificultades que se poden atopar para obter a representación desexada. Finalmente, ensinaranse diferentes aplicacións prácticas a problemas deseñados coa linguaxe de MATLAB.
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
