
handle: 10347/27854
Neste traballo abordaremos o estudo histórico da evolución da vestimenta dos labregos galegos entre 1850 e 1940 en dous sentidos, a común e a idealizada folcloricamente. Nunha Europa, que cara mediados do século XIX vive o nacemento dos nacionalismos, elementos como o traxe serán recurrentes na procura de sinais de identidade, poñéndose en valor o folclore das clases populares como depositaria da verdadeira identidade colectiva que se quere construir. A sociedade galega, como a europea, era, neste periodo, maioritariamente rural. Un país de labregos que se vestían dun xeito propio, axeitado ao clima e aos traballos, con elementos herdados do pasado pero que viñeron incorporando novas prendas e materiais que se adaptaron perfectamente aos gustos e necesidades imperantes na sociedade rural. Tan só trocando unhas prendas por outras pero sen variar a súa funcionalidade. Así, por exemplo, os dengues, cofias ou monteiras foron paseniñamente trocados por panos de materiais industriais, chapeus e boinas, comezando para moitos autores a fin do xeito de vestir considerado tradicional naquela altura.
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
