
handle: 10347/23944
A violencia en parellas xoves constitúe un fenómeno alarmante debido ás elevadas cifras de prevalencia e ás consecuencias que acarean tales agresións para a saúde das persoas involucradas. A teoría feminista denuncia que as falacias que propugna o amor romántico, xunto cas crenzas sobre a suposta inferioridade da muller como grupo humano, promoven dinámicas de dominación-submisión dentro da parella e facilitarían a aparición dos abusos. Partindo desta perspectiva, preténdese indagar no papel que xogan as actitudes sexistas e os mitos sobre o amor na violencia durante o noivado. Para elo, cóntase cunha mostra de 413 xoves galegos, 91 homes e 322 mulleres, que tiveron algunha experiencia en relacións amorosas. Os participantes cubriron diversos cuestionarios vía online para medir as variables obxectivo, como as agresións cometidas e sufridas no contexto de parella. As taxas de prevalencia de ataques físicos e psicoemocionais foron relativamente baixas. Sen embargo, os abusos relacionados con tácticas de control e acoso aparecen cunha frecuencia moi elevada. Ademais, esta clase de abusos parecen estar facilitados pola interiorización de ideas sexistas e crenzas irracionais sobre o amor, cun efecto máis notable no sexo masculino. As actitudes machistas animarían a utilizar a violencia como medio para exercer poder e dominar á parella. Paralelamente, a ideoloxía romántica representa algunhas estratexias coercitivas como unha mostra de compromiso cara a relación, facendo máis probable que sexan empregadas e toleradas polo individuo. Recálcase a necesidade de seguir traballando no desmantelamento dos estereotipos de xénero tradicionais e na construción dun modelo de relación amorosa afastado dos tópicos nocivos do ideal romántico, en vistas a previr a violencia en parellas xoves
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
