
handle: 10347/20876
Este traballo, que foi premiado pola Real Academia Galega de Ciencias, analiza a entrada e o impacto socioeconómico do capital estranxeiro e das empresas multinacionais en Galicia durante o período comprendido entre 1960 e 1991, identificando ás sociedades foráneas máis significativas establecidas en cada un dos sectores económicos e produtivos da Comunidade Autónoma de Galicia. Ademáis de facer un balance histórico da magnitude da presenza estranxeira no territorio galego, a investigación realizada confirmou que a finais de 1991 operaban en Galicia 619 empresas vencelladas a investidores estranxeiros, que contaban con 213 plantas industriais, 550 establecementos comerciais e 1.111 sucursais e oficinas de servizos, que conxuntamente proporcionaban emprego directo a 43.732 traballadores, o que supoñía un 8,4% da poboación total asalariada galega nese ano. Esta porcentaxe elévase practicamente ó 11% se se teñen en conta as pouco máis de 11.000 persoas que traballaban, nese momento histórico, en empresas que funcionaban en Galicia como concesionarios e distribuidores oficiais de diversas firmas multinacionais estranxeiras
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
