
handle: 10347/19688
En Galicia conviven actualmente dúas linguas diferentes co rango de idioma oficial: o castelán, oficial en toda España, e o galego, que adquire o rango de lingua propia da Comunidade Autónoma tras a aprobación do Estatuto de autonomía no ano 1981. Como consecuencia da relativamente recente xeneralización do castelán e da proximidade entrambas as dúas linguas, as estatísticas amosan que o galego mantén unha elevada presenza no conxunto da poboación: case a totalidade da poboación manifesta entender o galego falado e máis dun 60% di falalo de forma habitual en maior medida ca o castelán. Pero cómpre salientar que o galego ten hoxe unha menor presenza nos estratos de poboación urbana, máis nova, educada e de nivel socioeconómico máis elevado, e que a súa utilización é maior no ámbito familiar e máis reducida nas relacións económicas. Neste traballo analízase, en función da «Enquisa de condicións de vida das familias» elaborada polo Instituto Galego de Estatística, o actual perfil socioeconómico dos galegofalantes en función das súas características xeográficas, demográficas e laborais, e como estes factores inflúen na dinámica do cambio lingüístico que vén experimentando a poboación galega
Mercado de trabajo, Idioma, Ingresos, Factores socioeconómicos, Income, Mercado de traballo, Socioeconomic determinants, Language, Labor market
Mercado de trabajo, Idioma, Ingresos, Factores socioeconómicos, Income, Mercado de traballo, Socioeconomic determinants, Language, Labor market
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
