
handle: 10347/16094
[GA] O xénero Salmonella encontrase mundialmente estendido e representa un problema importante de saúde pública ó ser un dos principais patóxenos que produce enfermidades por consumo de alimentos. A capacidade de este xénero para formar biofilms favorece a súa prevalencia e a súa capacidade de avanzar o longo da cadea alimentaria, dende a granxa a mesa. Diversos estudos observaron que a capacidade de formación de biofilms varía en función da cepa de Salmonella avaliada. Polo tanto, o obxectivo deste traballo foi avaliar en once cepas pertencentes a cinco serotipos diferentes de Salmonella enterica e unha cepa de Salmonella enterica subsp. salamae a formación de biofilms en varios medios de cultivo, temperaturas e superficies. Así mesmo, avaliouse o morfotipo e a motilidade das doce cepas de Salmonella spp. Tamén relacionouse a expresión xénica e de ARNs coa formación de biofilms de tales cepas. A motilidade nas diferentes temperaturas avaliadas só mostra diferencias significativas entre 22, 30 e 37 ⁰C con 6 ⁰C. En cambio, o morfotipo foi diferente nas catro temperaturas avaliadas e a 22 ⁰C todas as cepas presentaban o morfotipo RDAR (Red, dry and rough), que está intimamente relacionado ca formación de biofilms. O conservante alimentario que máis diminuíu a formación de biofilms e o acetato sódico, inhibindo a formación de biofilms de tódalas cepas en aceiro inoxidable, mentres que cos medios suplementados con nitritos e sulfitos, en ambas superficies se formaron máis o igual cantidade de biofilms que nos residuos alimentarios. Isto relacionouse coa curva de crecemento na cal o acetato sódico retrasaba o comezo da fase exponencial e os nitritos e os sulfitos mostraban maior crecemento cos residuos alimentarios. A expresión xénica variou dependendo da cepa e do medio de cultivo avaliado exceptuando o xene csgD que estivo infraexpresado en tódolos casos en comparación co medio de cultivo de referencia 1/20 TSB. Os xenes de virulencia correlacionáronse positivamente cos xenes relacionados coa formación de biofilms, excepto no exsudado de polo no que a correlación foi negativa. Os resultados deste traballo indican ca formación de biofilms e a expresión xénica varían dependendo da cepa, da temperatura, da superficie e do medio de cultivo avaliado. Tamén resalta a falta de eficacia dos conservantes máis comunmente empregados o que pode supoñer un problema de saúde publica. Son necesarios mais estudos avaliando diferentes reguladores da formación de biofilms para obter unha visión máis completa do mecanismo de formación de biofilms na industria alimentaria
Materias::Investigación::24 Ciencias de la vida::2414 Microbiología
Materias::Investigación::24 Ciencias de la vida::2414 Microbiología
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
