
handle: 10347/15489
Fai agora cen anos, en Galicia asistíase á floración e ao desenvolvemento dunha das experiencias de escolarización popular máis xenuínas e senlleiras de cantas se teñen rexistrado na súa historia. Esta iniciativa agromaba nos escenarios da emigración transoceánica, impulsada polas sociedades de instrución que comezaran a tomar corpo en varios daqueles espazos case ao mesmo tempo, á altura de 1904. Desde entón e ata o alborexar da década dos trinta, ano a ano e mes a mes foron constituíndose moreas de pequenas agrupacións locais nos territorios de alén mar que tiñan por obxectivo en común contribuír á difusión do ensino nos lugares aos que proclamaban representar. Débenselles a elas as máis de trescentas aulas coas que axudaron a encher de luces o país, favorecendo a transición dunha sociedade na que prevalecía a cultura oral a unha nova xeira na que se ía ir abrindo paso a cultura escrita, sobre todo mercé á difusión e penetración da escola nos contextos rurais. Tres séculos antes xa, da man dos filántropos indianos, a intervención dos galegos do exterior no ámbito educativo fixera a súa aparición. As dúas variantes coexistirán durante boa parte da primeira metade do pasado século, aínda que con intensidades e perfís ben distintos ao longo do seu percorrido
Materias::Investigación::55 Historia::5506 Historia por especialidades::550607 Historia de la educación
Materias::Investigación::55 Historia::5506 Historia por especialidades::550607 Historia de la educación
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
