
handle: 10347/10363
Esta unidade didáctica forma parte do curso de Análise Económica dos Mercados Financeiros I que se imparte no primeiro cuadrimestre do Máster en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros. O propósito da unidade é caracterizar as preferencias dun investidor polos activos financeiros ante unha situación de incerteza. As preferencias son un ingrediente fundamental da teoría de elección de carteira. Con esta finalidade, introdúcese a utilidade esperada e descríbense diferentes funcións de utilidade que, dependendo das súas características, permiten describir diferentes actitudes dos investidores cara o risco como aversión, neutralidade ou amor ao risco. Tamén se caracteriza a utilidade esperada no espazo media varianza, de xeito que en función das características de risco e rendibilidade esperada dun activo podemos ordenar as diferentes alternativas de investimento de acordo coas preferencias do individuo. Finalmente, introdúcese o concepto de dominio estocástico, un concepto que, dependendo de cómo sexa a relación entre a distribución de probabilidade dos rendementos dos activos, vainos a permitir establecer unha relación de preferencia entre dous activos a partires dunha información moi básica das preferencias. A comprensión desta unidade reviste un grao de dificultade elevado na mediada que require de unha elevada capacidade de abstracción e do manexo da teoría da elección baixo incerteza e da estatística. É por iso que ao longo da unidade se utilizan diversos exemplos numéricos que tratan de ilustrar os conceptos teóricos expostos.
Materias::Investigación::53 Ciencias económicas::5304 Actividad económica::530499 Otras (especificar), Materias::Investigación::53 Ciencias económicas::5301 Política fiscal y hacienda pública nacionales::530199 Otras (especificar)
Materias::Investigación::53 Ciencias económicas::5304 Actividad económica::530499 Otras (especificar), Materias::Investigación::53 Ciencias económicas::5301 Política fiscal y hacienda pública nacionales::530199 Otras (especificar)
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
