
handle: 10261/40475
O concepto de folclorismo ten, como é evidente, moito que ver coa idea de folclore, pero loxicamente non é o mesmo. O folclorismo pódese definir de maneira moi xeral corno aquel conxunto de actitudes que implican unha valoración socialmente positiva deste legado cultural que denominamos "folclore". En canto actitude ou conxunto de actitudes, o folclorismo componse de ideas -por exemplo o que se entende por "folclore"-, sentimentos -o amor ou a veneración cara a este folclore- e tendencias á acción, é dicir, todas aquelas accións motivadas por esta consciencia e estes sentimentos, corno por exemplo levar a cabo proxectos conservacionistas ou de divulgación deste legado tradicional, programar festivais de música tradicional, etc. O folclore, como ciencia, non debería ser senón a exploración metódica e sistemática dun ámbito de coñecemento, mentres que o folclorismo é máis ben unha sensibilidade, un "feeling" social cara ó mundo das tradicións. Pero, na práctica, ambas facetas están intimamente relacionadas.
Relatoiros do Encontro O Feito Diferencial Galego na Música, celebrado na sé do Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela os dias 15-18 de decembro do 1997.
Peer reviewed
Antropología, Tradición, Musicología, Folclorismo
Antropología, Tradición, Musicología, Folclorismo
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
