
doi: 10.3726/b22402
No volume revísanse as historiografías dramáticas ibéricas dos períodos ditatoriais de mediados do século XX, co fin de encher os vacíos aínda identificábeis. Así, especialistas na análise dramática e na investigación das artes performativas da centuria focan a escrita e as prácticas escénicas dese período quer na península, quer no exilio e na emigración. Desde unha perspectiva ibérica comparatista que toma o galego como punto de partida, reúnense investigacións que oferecen lecturas renovadas sobre os diferentes sistemas teatrais peninsulares. Os traballos analizan obras que non tiñan recibido a atención crítica que merecían, densifican os estudos sobre a censura teatral, superan visións reducionistas do perfil dalgúns creadores para reivindicar a modernidade das súas prácticas, estudan os arquivos dos exiliados apontando títulos e autorías, salientan a relevancia do teatro importado durante ese período ou recoñecen a centralidade de dramaturgas marxinadas polo marco androcéntrico.
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
