
doi: 10.32766/rag.81
A Real Academia Galega enceta hoxe a publicación dalgúns textos literarios que son constituíntes básicos do noso corpo cultural. E faino en reproducións facsimilares das primeiras edicións. Serán libros doadamente accesibles. Dese xeito, cadaquén poderá dispor dunha colección ilustrativa do esforzo dos nosos devanceiros. O esforzo que levaron acabo para soerguer a lingua ás fecundas outuras da vida do espírito. Iniciamos a nosa xeira coa obra de Xoan Manuel Pintos, A gaita gallega. A figura de Xoan Manuel Pintos e o alcance deste seu libro están xa ben estudados polos especialistas que disto se teñen ocupado. Aquí soamente cómpre subliñar, unha vez máis, o carácter reivindicativo de Galicia e da sua lingua que nas páxinas do escritor pontevedrés latexa con forza propia. A presente edición é unha reprodución facsimilar desta primeira edición, conmemorativa do 75 aniversario da fundación da Real Academia Galega.
Lingua galega - Dicionarios - Español
Lingua galega - Dicionarios - Español
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 1 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
